Melchor, Gaspar e Baltasar suspenden a cabalgata de Marín polo mal tempo
Por Redacción
O mal tempo obrigou ao Concello de Marín a suspender a cabalgata que tiña programada para este martes para que os Reis Magos percorresen as rúas do municipio saudando e repartindo caramelos a nenos e maiores.
Segundo informou o Concello, a cabalgata quedou cancelada, pero Melchor, Gaspar e Baltasar si estarán en Marín. Está previsto que, en canto cheguen ao municipio, vaian directamente ao Belén vivente organizado pola asociación Os da Caña no parque Eguren.
Os Reis chegarán acompañados polos seus paxes e estarán no parque Eguren a partir das 18.00 horas para reunirse cos nenos de Marín antes de empezaron as longas horas de repartición de xoguetes que lles esperan durante a noite e a madrugada deste mércores 6 de xaneiro.