Os alumnos do Colexio do Carballal de Marín descobren a "tánxara"
Por Oskar Viéitez
Os alumnos do Colexio do Carballal de Marín descubriron hoxe unha froita nova, polo menos para eles, a "tánxara".
Un curso máis o CEIP do Carballal participa no programa de distribución de froitas aos centros educativos que a Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), promueve nas etapas desde Infantil ata Secundaria.
Trátase de froita cultivada en Galicia e de tempada que se lles reparte aos nenos na merienda de media mañá.
A froita procede ademais dun cultivo ecolóxico, "o que fai que, aínda que en moitos casos o seu aspecto non sexa tan perfecto, gañamos en sabor, algo do que todo o alumnado se da de conta"
"Esta semana tomaremos plátano, mazá, kiwi, piñas e mandarina", explican.
Pero ademáis, a empresa suministradora enviou ao CEIP Carballal tamén unha froita que non coñecían: a "tánxara", para ter a oportunidade de probala.
Esta froita é autóctona da zona do Xurés, no val do río Limia, onde se cultiva desde o século XIII, porque as características da súa microclima fan que a produción sexa posible.
Vén sendo unha mandarina "antiga", con aspecto de laranxa pequena.
Actualmente non se consome tanto porque ten pebidas e vos consumidores rexeitan este "inconvinte".
O programa de distribución de froitas está encadrado no plan Proxecta, polo que a maiores do reparto da froita, o colexio de Marín terá que elaborar un programa máis amplo no que se promova a alimentación saudable e o exercicio físico.