Piden á Xunta un semáforo na PO-504, á altura do tanatorio
Por Redacción
A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez Búa, solicitou á Axencia Galega de Infraestruturas o pintado dun paso de peóns na PO-504, á altura do tanatorio, unha zona clasificada no PXOM como chan urbano consolidado.
Dada a afluencia de persoas que, case diariamente, utilizan o servizo funerario que presta o tanatorio e debido á elevada intensidade media diaria de vehículos que transitan por esta estrada PO-504, a concelleira de Seguridade considera necesario adoptar medidas que garantan a seguridade e integridade física das persoas que cruzan a estrada neste punto quilométrico para acceder ao edificio do tanatorio.
Na petición remitida á Axencia Galega de Infraestruturas, Vanessa Rodríguez Búa argumenta que a estrada reúne as condicións para facer cumprir o establecido na Orde Circular 1/2008, de sinalización horizontal e limitación de velocidade en tramos urbanos e pasos de peóns.
Por iso, solicita da Consellería de Infraestruturas e Vivenda que leve a cabo as actuacións necesarias para proceder, na zona de referencia e no prazo máis breve posible, ao pintado dun paso de peóns, así como á instalación dun semáforo peonil.
Relacionadas:
-
A plataforma da PO-504 pide a retirada da estrada das plataformas de formigón
Por Redacción |
-
O acceso ao tanatorio, máis seguro para os peóns
Por Redacción |
-
A plataforma veciñal da PO-504 traslada ao alcalde as súas reivindicacións para esta estrada
Por Redacción |
-
Sanxenxo traslada á Xunta a petición de mellora de seguridade viaria nas Salinas, O Vinquiño e A Vichona
Por Redacción |