Búscanse cómplices para axudar os Reis Magos
Por Oskar Viéitez
Volve a exitosa iniciativa 'Tira do lazo' que o pasado ano logrou exceder o seu obxectivo reunindo a 300 cómplices que colaboraron cos Reis Magos comprando agasallos aos nenos de familias sen recursos.
O obxectivo é que ningún neno pontevedrés quede sen estrear agasallo este nadal grazas á solidariedade dos cidadáns.
Nesta ocasión o Concello de Pontevedra fixo súa a proposta rebautizada co nome de (En)Volve.
Participar é moi sinxelo, pódese acudir a apuntarse á Casazul, na rúa Sor Lucía 2, despacho 36. Os cómplices tamén se poden apuntar online enviando un email a voluntariado@pontevedra.eu.
Unha vez inscritos recibirán a carta dun neno para comprarlle o agasallo novo que pediu.
Ningún agasallo será dun valor superior a 30 euros.
Unha vez comprado entregarase na Casazul antes do día 31 para que os Reis teñan tempo de recollelo e entregalo.
Relacionadas:
-
Queres ser cómplice de Melchor, Gaspar e Baltasar?
Por Oskar Viéitez |
-
Os cómplices dos Reis Magos deixan 20.000 euros no comercio local
Por Redacción |
-
Os Reis Magos atopan máis de 400 cómplices en Pontevedra
Por Redacción |
-
O éxito da campaña de recollida de xoguetes de '365 Sorrisos' terá continuidade con novas iniciativas
Por Redacción |
-
O programa 'Tira do Lazo' logra o seu obxectivo e supera os 300 cómplices para axudar aos Reis Magos
Por Redacción |
-
Anímate a 'tirar do lazo': seguen a buscar cómplices para os Reis Magos
Por Redacción |