Tres persoas resultaron feridas tras sufrir unha saída de vía e caer por un terraplén en Marín
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Un total de tres persoas foron trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras resultar feridas nun accidente de tráfico en Marín.
O vehículo no que viaxaban saíu da vía cando circulaban pola estrada do cemiterio de Santo Tomé e, posteriormente, precipitouse por un terraplén.
Así o relatou o particular que alertou ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e indicou que unha das persoas permanecía no interior no vehículo en estado inconsciente, aínda que non atrapada.
Así, informouse ao membros de Protección Civil de Marín, que procederon a sacar ao ferido do turismo, posto que as outras dúas persoas xa saíran polos seus propios medios.
O 112 Galicia, tras ter constancia do suceso ao fío das 07:00 horas desta mañá, tamén solicitou a intervención de Urxencias Médicas, Bombeiros do Morrazo e Garda Civil de Tráfico.