Camareiro, póñame un café e un gramo de droga
Por Redacción
Cando en agosto do ano pasado os axentes da lei entraron nun céntrico pub de Sanxenxo atoparon papelinas con substancias estupefacientes distribuídas por todo o local. A Fiscalía de Pontevedra cre que o camareiro era o responsable da venda da droga e que o dono do establecemento consentíaa.
Ambos eran consumidores habituais de droga.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xuízo esta sinalado para a próxima semana na Audiencia de Pontevedra.
O escrito de acusación do Ministerio Público pide para Andrés Iván P. F., o camareiro, unha pena de tres anos de prisión, mentres que para o propietario do pub, David F.T., solicita unha pena de dous anos de cárcere.
No caso do propietario a Fiscalía pídelle unha pena menor porque colaborou durante a investigación ao confesar os feitos.