Indemnizan con 19.685 euros a unha muller que tropezou na rúa Joaquín Costa
Por Redacción
O Concello e a aseguradora Mapfre indemnizarán con 19.685 euros a unha muller que tropezou na rúa Joaquín Costa por culpa dunha base de cemento que sobresaía uns centímetros do chan da beirarrúa.
O Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra da a razón á demandante, na súa denuncia contra o Concello ao que responsabiliza do o seu accidente.
O suceso tivo lugar o 12 de xullo do ano 2013. A muller tropezou cunha soleira de cemento que se atopaba fronte ao colexio Álvarez Limeses.
Esa superficie non fora convenientemente sinalizada tras ser retirado o quiosco que a ocupaba.