Os brigadistas de SEAGA Pontevedra denuncian represalias da empresa polas súas protestas
Por Diego Espiño
Os traballadores do servizo de extinción de incendios dependentes da empresa pública SEAGA mobilizaranse en sinal de protesta polas sancións impostas a varios traballadores e membros do comité de empresa.
Segundo explicaron en roda de prensa, varios brigadistas foron expedientados entre outras cousas por levar en coche ao presidente do comité de empresa, mentres a este último sancionárono por ameazas "que non sucederon", explica Josafat Ponte, representante dos traballadores en Pontevedra.
Entenden que se trata de "aterrar á loita sindical", nun momento especialmente delicado para estes empregados que "xogamos a vida" na loita contra o lume.
"Non se vive de traballar tres meses o ano", completa Diana Rodríguez, representante de CIG, en relación ás condicións laborais dos brigadistas, que viron reducido o seu persoal na provincia de Pontevedra ata os 125 empregados cando "non seu momento eramos 500", explica Josafat Ponte.
"Estamos malvivindo non inverno" mentres "o resto traballan nove meses", sinala aludindo á situación das empresas contratadas para realizar labores no monte galego.
Os traballadores de SEAGA concentraranse ante a sede da empresa en Cabanas-Salcedo o vindeiro venres 16 de outubro ás 11:00 horas.