Podemos organiza nove asambleas no rural para confeccionar o seu programa electoral
Por Redacción
Buscando deseñar un programa de goberno para as eleccións xerais do 20 de decembro "que represente as demandas da cidadanía coas que facer posible o cambio político", Podemos convocou nove asembleas no rural pontevedrés.
Desde este xoves e ata o próximo día 15, os membros de Podemos en Pontevedra visitarán Pontesampaio, Tomeza, Lérez, Xeve, Bora, Marcón, Lourizán, Cerponzóns e Campañó. Os veciños destas parroquias poderán así trasladarlles as súas preocupacións.
Esta iniciativa forma parte do proxecto 'O Programa de Todos', un espazo de debate presencial e colectivo sobre as demandas territoriais que afectan directamente os cidadáns.
Nestas asembleas poderanse valorar as diferentes propostas e a cidadanía expresará a súa opinión sobre cales son as máis adecuadas ou necesarias. Ditas propostas, acompañadas dos estudos de viabilidade xurídica, técnica e económica, serán finalmente incluídas no programa electoral da formación dirixida por Pablo Iglesias.