A calor de xullo provoca un aumento do consumo de auga en Sanxenxo
Por Redacción
O consumo de auga no termo municipal de Sanxenxo ascendeu a 319.019 metros cúbicos durante o mes de xullo, o que leva consigo un incremento de 50.143 metros cúbicos con respecto ao mesmo período de 2014 un 16% máis en cifras porcentuais, segundo os datos facilitados polo Concello. As altas temperaturas durante este mes mantiveron as praias abarrotadas e provocaron unha elevada ocupación hoteleira.
A empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos no Concello de Sanxenxo contabilizou doce toneladas menos de lixo nos colectores en comparación co mesmo mes en 2014. Nesta tempada a cifra chega a 1.435.180 quilos, cunha baixada do 0,8%.
En relación coa reciclaxe, a cifra ascendeu a 63.640 quilos, un 4% máis que o ano pasado. A empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos retirou 5.480 aparellos, un servizo que presta de forma gratuíta a todos os particulares, facéndose cargo do seu traslado a un xestor autorizado.
Os particulares que queiran utilizar desfacerse de calquera tipo de materiais voluminosos poden solicitalo chamando ao número de teléfono 638 240 885.