Xa está completa a senda do Lérez pola marxe dereita do río ata a praia de Couso
Por Redacción
O concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez visitou este venres os traballos de acondicionamento do camiño de pescadores pola marxe esquerda do río Lérez, que conecta a pasarela a carón do antigo Balneario do Lérez até a praia fluvial de Couso.
Con esta senda, duns 450 metros lineais, complétase a que ruta que parte da Illa das Esculturas, e que o Concello pretende ampliar até as pontes de Bora, según comentou o concelleiro Demetrio Gómez.
A senda que se está a abrir e que poderá estar operativa nuns días, respecta o trazado do camiño de pescadores do río, aínda que cambia o trazado nalgúns puntos para evitar que durante o inverno desapareza o camiño polas enchentes do río. Ao subir o trazado cara o monte -por monte comunal-, garántese que esta senda estea operativa durante o verán e o inverno.
Os traballos consisten na roza e limpeza do vello camiño por esta parte do río, para que todos os pontevedreses e visitantes poidan gozar do río en todo o seu explendor. Ademais, esta senda conserva os parámetros naturais da zona, salvando pequenos regatos con pezas de madeira elaboradas coas árbores invasoras que se están a talar na traza da ruta.
O concelleiro explicou que a ruta é a confluencia de vellos camiños que se usaban para achegarse a veigas que se cultivaban e para usos de lecer, xa que eran moitos os nenos dos lugares próximos e de Pontevedra que empregan estes camiños para nadar.
O trazado da senda comprende desde o inicio na pasarela metálica que pasa sobre o río a altura do antigo Balneario do Lérez ata a Praia de Couso, na desembocadura do rio Fontáns.
No inicio continuamos a senda polo carreiro de pescadores para salvar unha zona pedregosa que dificulta moito a subida pudendo ser perigosa cando o terreo estea húmido. Uns 30m despois deixamos este carreiro para unirnos a un camiño de uso das fincas, que agora mesmo se atopa en desuso.
A través del e despois de cruzar un regato mediante unha pequena pasarela de madeira, chegaremos a zona das Aceñas onde esta variante nos leva a salvar este tramo de orografía complicada pola parte superior dos afloramentos rochosos e desembocando nun tramo que transcorre pola pista que leva o lugar de Couso.