A Xunta devolve Exposalnés ao Concello de Cambados
Por Oskar Viéitez
Logo de máis dun ano co edificio parado a Xunta devolvelle ao Concello de Cambados o edificio do centro comarcal Exposalnés.
Foi coa eliminación dos chamados "chiringuitos" por parte do goberno de Núñez Feijoo, que desapareceu a fundación comarcal que lle daba contido ao Centro de Exposición y Promoción dos Recursos da Comarca, Exposalnés.
O edificio construido no ano 1996, de baixo e dúas prantas, está prácticamente valeiro. O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, formalizaron hoxe a reversión ao concello do inmoble do Paseo da Calzada.
Rueda destacou a cooperación entre administracións porque beneficia aos cidadáns de Cambados, que a partir de agora volverán contar cunha parte importante do seu patrimonio e destinalo a usos máis racionais e eficientes.
O Concello desexa poder trasladar alí o legado de Ramón Cabanillas
En concreto o Concello trasladará alí o servizo de información turística e unha parte do arquivo municipal. Ademáis o edificio acollerá as reunións da Mancomunidade do Salnés e a sede da Ruta do Viño Rías Baixas. Pero aínda hai moito espazo para outros cometidos que, polo de agora, están por determinar. Entre outros, Luis Aragunde, anunciou que están xestionando coa familia de Ramón Cabanillas a posibilidade de trasladar o legado do poeta ao edificio de Exposalnés.
Pola súa banda, o alcalde quixo agradecer ao vicepresidente da Xunta a axilidade para tramitar o procedemento, o que permitirá a todos os cambadeses contar cuns servizos municipais mellor dimensionados, sen necesidade de recorrer a compras ou alugueiros.