As empresas Senra e Rías Baixas Vilamiño, adxudicatarias dos contratos de servizos en Ence
Por Redacción
A empresa pontevedresa de maquinaria Senra e a tamén galega e implantada en Pontevedra Rías Baixas Vilamiño resultaron adxudicatarias dos procesos de licitación lanzadas por Ence a renovación da contratación externa dos servizos de albanelaría e andamiaxe.
A adxudicación do novo contrato supón cambiar de empresa prestamista de servizos pero manter o mesmo número de postos de traballo asignados polas empresas adxudicatarias a estas tarefas: un total de seis empregados, todos eles de Pontevedra e comarca.
Os operarios encargados de prestar baixo demanda servizos de albanelaría e estada nas instalacións de Ence en Lourizán forman parte do preto dun centenar de persoas que prestan servizos externos á empresa de xeito continuado. Entre eles hai que contar o persoal que traballa en áreas como Seguridade, Recepción, Almacén ou o Parque de Madeiras.