Visto e prace á cesión de 3.450 metros cadrados á asociación Juan XXIII para construír unha residencia
Por Natalia Puga
A asociación Juan XXIII xa ten vía libre para levar adiante o seu proxecto de creación dunha residencia de persoas con discapacidade intelectual na rúa Fonte Santa. A Comisión de Urbanismo do Concello de Pontevedra deste martes aprobou a cesión á entidade social dunha parcela de 3.450 metros cadrados situada na denominada unidade de actuación B-4.
Para esta cesión é necesaria unha modificación urbanística que xa recibiu os informes favorables e non é necesario que o trámite vaia agora ao Pleno da Corporación, de modo que este martes se informou a Comisión de Urbanismo e todo queda aprobado.
A concelleira de Urbanismo, Carme da Silva, explicou que o trámite supón a cesión a Juan XXIII do 10% do aproveitamento lucrativo que tiña o Concello na citada unidade urbanística e permitirá á asocación crear unha residencia con capacidade para 45 persoas, das que 24 serán de aloxamento permanente e 21 de centro de día.
Se trata dun proxecto "moi necesario" e "importante" porque amplía o que Carme dá Silva cualifica como "un equipamento asistencial fundamental da cidade". Situarase xusto ao lado da sede actual da asociación Juan XXIII.