Unha colisión entre tres turismos en Sanxenxo sáldase cunha persoa ferida
Por Redacción
Unha muller foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar ferida por mor dunha colisión na que se viron implicados tres turismos.
O accidente tivo lugar na confluencia das rúas do Progreso e dos Quinteiros, no casco urbano de Sanxenxo.
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia rexistrou a chamada de alerta dun particular pasados uns minutos das 14:00 horas deste luns.
Así, solicitouse a intervención dos axentes da Policía Local, Urxencias Médicas e dos membros do Grupo de Emerxencias Local de Sanxenxo.