Foxe dun control, causa un accidente con cinco feridos e dá positivo por consumo de drogas
Por Redacción
A Garda Civil imputou a un mozo, de 21 anos de idade, por un presunto delito contra a seguridade vial e condución temeraria, co agravente de ter causado lesións a terceiras persoas.
Fíxoo despois de que este veciño de Sanxenxo se saltase un control de vixilancia e escapase das forzas da orde para provocar despois un accidente con cinco feridos, todos eles ocupantes do outro vehículo, co que chocou frontalmente.
O mozo intentou seguir adiante coa fuxida pero os danos sufridos no seu coche obrigáronlle a deterse, momento en que foi interceptado pola Garda Civil, segundo explica a edición dixital de Faro de Vigo.
Tras realizarse os controis pertinentes os axentes comprobaron que deu positivo en consumo de drogas.
O suceso produciuse arredor das 7:00 horas deste domingo na estrada EP-9205 que une as localidades de Sanxenxo e Meaño á altura de Fontoira.