CC.OO. teme que o BNG na Deputación queira traspasar a Cidade Infantil Príncipe Felipe á Xunta
Por Redacción
José Ramón Piñeiro, delegado de Comisións Obreiras, mostra a súa preocupación porque no pacto de goberno entre o PSOE e o BNG á fronte da Deputación provincial poida supoñer a imposición das teses nacionalistas coa que este sindicato mantivo enfrontamentos debido ao interese de traspasar centros da institución provincial a outras administracións.
Neste sentido, Piñeiro teme que César Mosquera manteña a súa intención de trasladar a Cidade Infantil Príncipe Felipe á Xunta de Galicia: "Los servicios son de calidad y el traspaso a la Xunta perjudicaría", afirmou.
José Luis García Pedrosa, secretario comarcal de CC.OO., sinalou que van dar un prazo de espera pero manteranse alerta. Nestes momentos, a Deputación provincial conta con ao redor de 900 traballadores. A xunta de persoal está formada por quince representantes sindicais: 13 pertencen a CC.OO., 2 a CIG e 2 a CSIC.