Marín estrea o servizo de Radiotaxi
Por Redacción
Na busca da mellora do servizo a asociación de autopatronos do taxi Rías Baixas decidiu dar un paso máis e crear un radiotaxi. A primeira emisora de taxis de Marín e a única da comarca do Morrazo, co nome comercial Radiotaxi Marín.
O longo dos últimos seis meses estiveron traballando intensamente neste proxecto que por fin se presenta publicamente, un sistema "que foi diseñado especificamente por e para o servizo de taxis de Marín", explican os seus promotores.
Para chegar a este punto houbo que zonificar todo o térmo municipal de Marín, marcando paradas, puntos de interese, parroquias e lugares coas súas correspondentes coordenadas.
O número da emisora é o 986 48 58 80
A concertación dos servizos é moi sinxela. O usuario chama o número da emisora 986 48 58 80 e sáltalle a mensaxe de benvida a Radiotaxi Marín. Seguidamente aténdeo unha das operadoras da central, que lle toma os datos do punto de recollida do servizo e introduce os datos no sistema. Automaticamente o sistema localiza mediante GPS o taxi máis próximo o punto de recollida e adxudícalle o servizo. Neste momento o sistema indícalle telefonicamente o usuario o número de taxi que o vai a ir a recoller.
Toda esta operación realízase en segundos, dunha maneira sinxela e eficaz.
A solicitude de servizos non so se pode realizar indicando rúa e número de edificio, senón que durante estes meses recolleron e asignaron ó sistema mais de 450 puntos de interese para facilitarlle a concertación o usuario. Por exemplo se unha persoa pide un taxi para a Casa do Mar, o Bar Castro ou o supermercado Froiz, o sistema xa coñece eses lugares e manda o taxi máis próximo sin ter que darlle o nome da rúa e o número. Esta opción resulta especialmente útil nos núcleos rurais.
Entre os principais beneficios do novo sistema está un menor tempo de espera na recollida o usuario, xa que se lle envía sempre o taxi máis próximo a posición de recollida. Tamén ten un menor custo do servizo, dado que o taxi que se despraza a recollelo sempre é o máis próximo.
Este é un servizo 24 horas que brindará mellor cobertura das paradas, especialmente a de Seixo e a da Praza de Abastos, que actualmente carecen de teléfonos. Pero tamén se benefician os profesionais asociados a Radiotaxi Marín ya que se produce unha maior eficiencia na prestación do servizo.