Lanzan sete cans por enriba dun muro de 2,2 metros ao refuxio de Cambados
Por Redacción
Sete cans foron botados na tarde do sábado 5 de xaneiro ao interior do Refuxio de Animais de Cambados. Non sufriron danos, pero á vista do procedemento utilizado pola persoa que os deixou nas instalacións, poderían ter sufrido importantes lesións.
Segundo denuncia a Protectora de Animais de Cambados, os feitos producíronse ás 19.00 horas. Unha persoa abandonou unha cadela de catro quilos e as súas seis crías lanzándoos por enriba do muro que bordea as instalacións, que ten unha altura de 2,20 metros.
"Por suerte los siete están bien, pero hay que ser muy perverso para abandonar unos animales con tanta crueldad", sinalan dende a Protectora na súa páxina de facebook.
Con intención de que os feitos non queden impunes, este domingo tiñan prevsito presentar unha denuncia ante a Garda Civil presentando como probas as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade que ten instalado o refuxio.