Envorca un vehículo ao saírse da vía na Avenida de Lugo
Por Diego Torrado
Un vehículo saíase da vía, arredor das 9.00 horas, cando circulaba pola estrada de Lugo, N-541, fronte á gasolineira situada na entrada da parroquia de Mourente.
A Policía local investiga as causas que provocaron este accidente no que o turismo se saía da estrada envorcando lateralmente ao impactar contra o muro que limita o noiro fronte á urbanización de Valdecorvos.
Segundo fontes da Policía local, o condutor puido saír polo seu propio pé do automóbil e sufriu feridas leves. Segundo testemuñas presenciais, o accidente teríase producido por algún despiste do condutor xa que, neses momentos, había escasa actividade de tráfico na zona.