Propoñen que a Xunta de Voceiros conceda os permisos para participar no Pleno
Por Alejandro Espiño
Todos os grupos da oposición ven con bos ollos a proposta do BNG para modificar o regulamento do Pleno para permitir a intervención de colectivos ou asociacións. "Hay buena voluntad y todos estamos por la labor de que salga adelante", explicou a voceira de Ciudadanos, María Rey, tras a reunión que mantiveron co edil de Réxime Interior, Vicente García Legísima.
Tras presentar este mércores as liñas básicas desta iniciativa, García Legísima recibiu os voceiros de PP, PSdeG-PSOE, Marea e Ciudadanos para recoller as súas impresións e incorporar suxestións a este novo regulamento.
Neste sentido, Ciudadanos propuxo que o filtro para que os cidadáns poidan participan nos plenos sexa a Xunta de Voceiros, onde están representados todos os partidos da corporación. Os interesados terían que solicitalo no Concello e sería este órgano "el que elegiría quienes y quién tiene prioridad", afirmou María Rey. Asegura que se permitirá así "que no haya quejas de que pongan topes o frenos por cuestiones políticas".
Esta proposta foi ben recibida por todos os partidos e será trasladada aos técnicos municipais para que estuden como integrala no regulamento do Concello.
Pola súa banda, o concelleiro do PP César Abal tamén valorou como "muy positiva" a disposición do BNG para "darle voz a los ciudadanos", aínda que criticou que sexa "16 años después". En todo caso, celebrou que se remate "el dedo del rey", actitude como cualifican que Fernández Lores "solo diese la palabra en el Pleno a las asociaciones sumisas".
Ademais, os populares piden que se cambie o regulamento do Pleno tamén para que os diferentes grupos municipais só poidan presentar mocións relativas aos asuntos de Pontevedra e as súas parroquias.