Os topógrafos celebran unha xornada profesional en Pontevedra
Por Redacción
Ademais da análise do Metrominuto pasando polas técnicas geoespaciales no estudo dos glaciares na Antártida, a xornada profesional dos topógrafos da provincia foi un punto de encontro para estes especialistas.
Os Enxeñeiros en Xeomática e Topografía tamén homenaxearon a José Clemente no seu 50 aniversario como integrante do seu Colexio Profesional.
As conferencias e os debates desenvolvéronse no Pazo da Cultura e no Liceo Casino tivo lugar a comida de confraternidade.