Marín celebra o Día Europeo da Música
Por Redacción
Este pasado domingo celebrouse o Día Europeo da Música cun concerto ofrecido pola Banda de Música do Ateneo Santa Cecilia de Marín.
A inquietude de recoñecer o beneficiosa que é a arte da música para todas as sociedades do mundo levou a Unesco no ano 1975 a declarar este Día Internacional, nun intento de unir a todos os pobos a través das súas diversas manifestacións artísticas, especificamente a música, como símbolo de igualdade, xa que todos poden identificarse con ela. Este día de celebración varía segundo o país, pero o motivo de festexo é o mesmo. Algúns países europeos festéxano o 22 de novembro, pero en Francia celébrano o 21 de xuño, impoñéndose maioritariamente esta data na Unión Europea.
En Marín la Federación de Asociaciones de Vecinos Ría de Marín fixo súa esta iniciativa coa colaboración do Concello.
As concelleiras de Cultura e Festexos, María José de Pazo e Beatriz Gómez asistiron xunto cos organizadores, que gozaron dun concerto cheo de calidade tal e como está a evolucionar a Banda de Música do Ateneo e o seu Director, Alfredo Sánchez Murcia, que está a realizar un excelente traballo ano a ano.