Carmela Silva, elixida oficialmente candidata a presidir a Deputación: "Es un honor y una enorme emoción"
Por Alejandro Espiño
Minutos despois de ser elixida oficialmente polos seus compañeiros como a candidata do PSdeG-PSOE á presidencia da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva atendía a PontevedraViva. Aínda emocionada ante o apoio recibido polo seu partido -foi elixida por aclamación e no medio dunha forte ovación-, a futura presidenta da institución provincial afirmaba que para ela era "un enorme honor y una enorme emoción".
"No hay palabras que puedan definir el agradecimiento que siento. No existen. Estoy dándole vueltas al diccionario pero no encuentro ninguna", destacou unha Carmela Silva que insistía en que se encontraba "emocionada e ilusionada" ante o reto que se lle presenta, que non é outro que presidir a Deputación de Pontevedra, unha institución que, dende que en 1983 chegou ao poder Mariano Rajoy, sempre fora gobernada polo Partido Popular.
Carmela Silva, que estivo acompañada en todo momento polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que sente tamén unha "gran responsabilidad" xa que entende que gobernar a deputación pontevedresa "es un gran reto y es muy ilusionante". Asegura que a provincia de Pontevedra "necesita ese cambio y que entren nuevas formas de hacer política y nuevos proyectos", pero sempre dende a "suma de vontuntades".
Referíase así a dirixente socialista á negociación emprendida co BNG para formar un goberno estable na institución provincial. "Todos debemos hacer un enorme esfuerzo para que esa suma de voluntades redunde a que los pontevedreses vean una institución amiga y que es capaz de responder a los problemas que tienen las personas", sinalou ante as preguntas de PontevedraViva.
En todo caso, Carmela Silva non quixo afondar nos obxectivos que se marca como futura presidenta da Deputación porque "en política los tiempos son muy importantes y eso hoy no toca", apelando ás conversacións que aínda están pendentes co BNG a nivel de toda Galicia. "Hay que sumar voluntades hablando, dialogando, consensuando y pactando que es una de las patas fundamentales de la política y la democracia", reiterou.
Iso si, a tenente alcalde do Concello de Vigo quixo despexar dúbidas sobre a influencia que a cidade olívica terá sobre o goberno provincial. "Que nadie tenga ningún temor", dixo. Destacou que Pontevedra é unha provincia que ten "ayuntamientos muy grandes, medianos y pequeños" e avanzou que todos "tienen que tener su espacio", porque entende que a equidade "es una obligación política" e unha das "grandes líneas del ADN del PSOE".
CHELO BESADA, DEPUTADA POR PONTEVEDRA
Dentro do equipo que terá Carmela Silva na Deputación de Pontevedra estará Chelo Besada, voceiro do PSdeG-PSOE no Concello de Poio. Ela foi elixida como a deputada que lles corresponde aos socialistas por Pontevedra. Era un posto moi disputado, xa que se postularan numerosos cargos electos apelando aos seus bos resultados electorais nos seus respectivos territorios.
Ademais, Abel Caballero confirmou este luns que os edís vigueses David Regades, Anxo Rivas, Isaura Abelairas e Santos Héctor tamén serán deputados provinciais, xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González e a número 2 do partido en Redondela, Digna Rosa Rivas Gómez. Faltan por coñecer os deputados que corresponden aos partidos de Tui e Cambados.
NUMEROSOS ALCALDES NO COMITÉ PROVINCIAL
Os bos resultados electorais que o PSdeG-PSOE logrou na provincia de Pontevedra animaron moitos a participar na reunión do Comité Provincial do partido, que se celebrou este luns no paraninfo do Instituto Sánchez Cantón. Os alcaldes de Vilagarcía de Arousa, O Grove, Caldas de Reis, Ponte Caldelas ou Vigo foron só algúns dos que acudiron a esta cita, na que os socialistas analizaron a situación política da provincia.
O seu secretario provincial, Santos Héctor, destacou que despois do 24-M os socialistas gobernan en 18 concellos da provincia e participan en "gobernos progresistas" noutros oito municipios. Asegurou que os pontevedreses demostraron que "falaron alto e claro o día 24 e nos dixeron que nos queren ao fronte das alcaldías para traballar contra a dereita neoliberal dos recortes".
Relacionadas:
-
O BNG asegura que o "Tamayazo" de Lugo non afectará ás negociacións na Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán: “Desde o PP estamos ollando o espectáculo de circo romano no que o PSOE e BNG se pelexan”
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Lores, sobre os posibles acordos na Deputación: "É obvio que o BNG non vai facer un pacto co PP"
Por Natalia Puga |
-
Louzán ofrece al BNG un "acordo sen límites" para gobernar en la Deputación
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O PSOE propón un "pacto de progreso" para cambiar o goberno na Deputación "de Mariano Rajoy"
Por Oskar Viéitez |