Un paseo por 50.000 historias
Por Redacción
Pasear, curiosear e perderse polas casetas en busca de xoias literarias ou historias que chamen a atención. Para todos hai un libro esperando na Feira do Ligro Antigo e de Ocasión, inaugurada esta fin de semana no Paseo Antonio Odriozola de Pontevedra.
Case 50.000 exemplares esperan a ser ollados e comprados nunha feira que conta con once librarías.
Organizada pola Federación de Librarías de Galicia, a feira permanecerá en Pontevedra ata o próximo 28 de xuño, abrindo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00.
Libros históricos, infantís, clásicos, novas publicacións de ocasión ou cómics poden encontrarse nas diferentes casetas, que espertaron un notable interese entre os viandantes xa nas súas primeiras horas de apertura.
Participan Librería Solpor, Volumen Cultural, Marcos Cachuán, Rosa Sardá, Cajón de Sastre, Asilo del Libro, Al Tossal, Buendía, Shora, Pariente y Becquer.