O persoal de limpeza da Xunta protesta ante os recortes sufridos polo persoal
Por Diego Espiño
As traballadoras de Limpisa-Grupo Norte, empresa que se encarga da limpeza de edificios da Xunta en Galicia e Madrid, anuncian que seguirán coas protestas como a que protagonizaron as empregadas do Edificio Administrativo de Pontevedra ante os recortes que aseguran estalles a aplicar a concesionaria logo de renovar o seu contrato o pasado mes de xullo, cunha rebaixa do 20% no orzamento.
A secretaria de limpeza de FES-UGT Pontevedra, Carla Cochón, asegura que as condicións das traballadoras están empeorando en soldo ou dereitos laborais do mesmo xeito que os funcionarios, "son trabajadoras de la administración pública pero no son funcionarias, pero ellos recortan a la baja y les quitan todo lo que son derechos. Desde julio les están aplicando una serie de recortes como un 5% en la nómina, reducción de coberturas o la extra de Navidad".
Limpisa emprega en todos os centros da Administración a 200 persoas, 22 delas en Pontevedra das que só catro o fan a xornada completa.