A Xunta asegura que as previsións turísticas "se están superando", con "cifras espectaculares"
Por Redacción
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asegurou este sábado que as previsións de ocupación turística para esta Semana Santa en Galicia "se están superando", alcanzando "cifras espectaculares".
Nas Rías Baixas, os establecementos hoteleiros conseguiron "case" o 100 por cento de ocupación, destacou Nava Castro.
Turismo de Galicia esperaba que as previsións deste ano para Semana Santa fosen "mellores" que as do ano anterior, "pero en dous puntos, tres puntos", auguraran. "Y, sin embargo, estamos alcanzando cifras espectaculares", asegurou a directora de Turismo de Galicia, para logo confiar en que "el tiempo siga acompañando".
Nava Castro sinalou como "indicativo" deste aluvión de visitantes as retencións rexistradas este venres nalgunhas peaxes. "Esperemos que los turistas nos entiendan", confiou a este respecto, para logo admitir que neste tipo de situacións "siempre se puede mejorar".