Máis controis de alcohol e drogas nas estradas durante esta Semana Santa
Por Redacción
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra inicia este mércores 1 de abril unha campaña especial de vixilancia sobre o consumo de alcohol e de drogas que durará ata o domingo 5.
Está previsto que os axentes da Garda Civil de Tráfico intensifiquen os controis en calquera tipo de estradas, co obxectivo de disuadir a condución cando consuman alcohol ou substancias estupefacientes.
O Subsector de Tráfico da Garda Civil resalta que durante estas festas se intensificarán os puntos de verificación en vías de comunicación secundarias, onde se detectaron, no que vai de ano, case a mesma cantidade de positivos en drogas que durante todo o ano 2014.
A sanción por conducir con drogas ou con taxas que superen os límites permitidos de alcohol no organismo é de 1.000 euros coa retirada de 6 puntos no carné. Dependendo da sintomatoloxía ou se se ve involucrado nun accidente, unha condución baixo estas circunstancias pode derivar en delito.