Os bolseiros do Plan de Emprego municipal cobrarán o que lles falta en "una o dos" semanas
Por Redacción
En "una o dos" semanas os bolseiros do II Plan de Emprego municipal rematarán de cobrar as cantidades que se lles deben. Así o avanzou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, tras a comisión informativa solicitada polo Partido Popular para dar conta dos atrasos nos pagamentos aos beneficiados.
Carlota Román explicou que aqueles que finalizaron os seus respectivos contratos coas empresas o pasado mes de febreiro, unhas cen persoas, "a día de hoy" xa o cobraron todo. O resto, que entraron no plan grazas a unha modificación de crédito que engadiu 60.000 euros aos 150.000 euros cos que se puxo en marcha esta iniciativa xa recibiron o salario correspondente a dous meses e catro días. Só teñen pendentes os 26 días de marzo.
A edil socialista achacou este atraso ao procedemento administrativo que houbo que seguir para sacar adiante este plan de emprego, unha proceso que cualificou como "impoluto, transparente y fruto de una buena gestión".
En total, nas tres edicións do Plan de Emprego municipal investíronse 500.000 euros. Sumados os beneficiarios do terceiro, que acaba de ser convocado, serán 428 persoas as que recibirán unha oportunidade laboral nunha empresa de municipio. Dos participantes dos dous primeiros anos, dixo, un 40% -171 persoas- quedáronse nas devanditas empresas cun contrato de traballo.
O PP, SATISFEITO
Estas explicacións, dadas na comisión informativa, satisfán ao Partido Popular. O concelleiro César Abal agradeceu os datos achegados pola concelleira, que lles entregou por escrito todos os detalles da tramitación administrativa deste plan.
En todo caso, criticou que estas persoas tivesen que esperar tanto tempo para cobrar "teniendo casi 5 millones de euros de superávit" do exercicio anterior. "No es entendible", dixo, polo que afirmou que "esperamos que no vuelva a suceder esta situación, ya que estamos hablando de parados de larga duración".
Relacionadas:
-
Abre o prazo de inscrición do terceiro Plan de Emprego municipal con 170 novas prazas
Por Redacción |
-
Máis de 400 persoas atoparon traballo tras participar nas iniciativas municipais de emprego
Por Alejandro Espiño |
-
O PP solicitou unha comisión informativa polo 'impago' das bolsas municipais de emprego
Por Redacción |