Condenan unha empresaria pontevedresa a un ano e nove meses de prisión por estafar un empregado
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra acaba de condenar á pena dun ano e nove meses de prisión á empresaria pontevedresa María del Carmen G.B. por estafar un dos seus empregados, de orixe portuguesa. O tribunal impón a acusada que indemnice o denunciante con vinte e tres mil euros. Na mesma sentenza, que absolve os dous fillos da muller,
Segundo informa o xornalista Alfredo López Penide en páxinas de La Voz de Galicia, o tribunal provincial considera que a empresaria enganou o seu empregado facéndolle crer que unha vivenda no edificio onde residía a súa filla ía saír a poxa, efectuando transaccións bancarias por un importe global de 23.000 euros á conta da compañía da que era titular a empresaria. Esta apropiouse do diñeiro e destinouno ás actividades propias da súa sociedade.
A Audiencia rexeita a tese da defensa de que esta cantidade tiña como obxecto devolver o préstamo que previamente lle realizara ao empregado, a sala mesmo "chega á convicción de que este préstamo non existiu na realidade" xa que considera ilóxico que se tería prestado o diñeiro "sen ningunha garantía, sen coñecer o seu patrimonio, nin outras posibilidades de devolución que o do seu soldo".