Deteñen un pontevedrés por roubar palés
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra identificaron e detiveron na madrugada deste mércores 25 de febreiro a un veciño de Pontevedra, de 40 anos de idade, como presunto autor dun roubo con forza.
O detido, que conta con antecedentes policiais, foi soprendido por unha patrulla cando intentaba levarse palés do interior dun establecemento da cidade.
Concretamente ás 3:15 horas os axentes observaron no exterior do establecemento, diante do enreixado traseiro, unha pila de palés de madeira nunha carreta e deseguido viron como un individuo saltou dende o interior do muro que circunda o recinto para dispoñerse a emprender a marcha coa citada carreta.
Os policías déronlle o alto e ao ser preguntado confesou que fixera o mesmo noutras ocasións para despois vender os palés. Ademais os axentes comprobaron que o propietario da empresa denunciara feitos similares o pasado 17 de febreiro.
Tras prestar declaración en comisaría o detido foi posto a disposición xudicial.