O que se aburre na casa é porque quere
Por Diego Torrado
O colexio Froebel, a Casa Azul, o Local de Música ou o Pavillón Multiusos da Xunqueira convértense durante as fins de semana en locais de lecer nocturno grazas ao programa Noites Abertas.
Comezou unha nova edición desta exitosa alternativa para as noites da fin de semana, que se leva a cabo entre febreiro e maio no Concello de Pontevedra.
A proposta deste ano vén máis cargada de actividades que nunca con animación con stop-motion e cut out, baile latino, clases de ligar, linguaxe de signos, xogos de cartas de velocidade, tenis de mesa, artes marciais, construción de instrumentos de reciclaxe ou baile deportivo en grupo, entre algunhas das propostas só do venres.
Deste sábado destacamos a celebración do primeiro curso de formación dirixido ao monitorado de Noites Abertas, en colaboración coa Asociación de Síndrome de Down Xuntos, coordinadora do Programa de Acompañamiento no Lecer de Noites Abertas a Persoas con Discapacidade Intelectual. 16 monitores participaron voluntariamente nesta formación orientada a mellorar a súa intervención no programa, así como a promover a inclusión social dos mozos con necesidades específicas.
Pero ademais houbo patinaxe e hockey sobre patíns, tiro con arco ou fútbol, cestería tradicional, cociña para aproveitar os doces que sobraron de Nadal ou aprender a facer pan, bailar galego, hip-hop ou risoterapia entre unha longa lista de actividades.
O que se aburre en casa é porque quere.
Relacionadas:
-
Un festival rompedor dará o peche a Noites Abertas 2015 o último sábado de abril
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Propoñen impulsar aínda máis a Casa Azul e convertela nun centro sociocomunitario do centro histórico
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Balance satisfactorio no ecuador de Noites Abertas con 2.719 participantes
Por Diego Espiño |
-
Presentan a XVI edición de Noites Abertas, que chega este ano "máis grande que nunca"
Por Alejandro Espiño |
-
As Noites Abertas comezarán antes que ningún outro ano: o 23 de xaneiro
Por Alejandro Espiño |