Achado en Pontevedra en bo estado de saúde o vigués desaparecido hai catro días
Por Redacción
Encontran vagando polas rúas da capital a Juan Carlos C.G., o veciño de Vigo de 71 anos que se encontraba en paradoiro descoñecido dende o pasado mércores, 17 de decembro.
Segundo informa Vigo ÿltima Hora, o home encontrábase "canso e esgotado pero en bo estado de saúde ".
O fillo de Juan Carlos confirmaba pouco despois das dez e media da noite deste domingo que encontrara o seu pai. As batidas realizadas polos seus achegados durante os últimos días deron resultado.
A última hora da tarde, a primeira pista encontrárona na estación de tren pontevedresa, onde un empregado da cafetaría confirmou que o vira. O radio de acción foise ampliando ata que nun céntrico hotel encontraron a pista definitiva.
A única explicación que encontra a familia á desaparición é un cadro depresivo. O seu fillo agradeceu o apoio de todas as persoas que o axudaron durante estes catro días de angustia.