Unhas obras alteran 14 enlaces ferroviarios ao día entre Pontevedra e Vigo
Por Oskar Viéitez
Unhas obras na bifurcación da liña ferroviaria en Arcade afectan a un total de catorce conexións diarias entre Pontevedra e Vigo.
Segundo informan dende Renfe e o Adif, catro trens de media distancia son suprimidos dende este sábado, outros sete téñense que facer por estrada e tres máis rexistrarán atrasos de entre dez e vinte minutos en cada traxecto.
A previsión é que estas restricións se prolonguen por espazo dun mes. ÿ o tempo que os técnicos calculan que lles levará reparar os danos ocasionados no túnel de Arcade o pasado mes de abril polo descarrilamento dun tren de mercadorías.
Renfe e Adif anunciaron a posta en marcha dun Plan Alternativo de Transportes que afecta a trece conexións diarias de Media Distancia entre Pontevedra e Vigo, así como ao TrenHotel que sae cada noite cara a Madrid.