Os traballadores de Treves rexeitan as condicións do ERE proposto pola empresa para 2015
Por Redacción
O axuste plantezado pola dirección de Treves ao seu persoal para o ano 2015 é moi similar ao aprobado durante 2014, e por aí os traballadores non parecen ter dúbidas.
Treves pensa nun Espediente de Regulación de Emprego Temporal de 42 días para os seus traballadores, para adaptarse ao volume de traballo da planta do Campiño, cunhas condicións que supoñerían conservar o 80% do salario e o 100% das súas pagas extras e complementos.
Con todo a intención da empresa de diferenciar entre traballadores de planta e de oficinas provocou que a asemblea de empregados decida votar en contra dos plans da auxiliar automovilística.
Estas diferenzas, segundo o explicou o comité de empresa, poderían supoñer 15 días menos de regulación segundo o posto de traballo de cada asalariado, polo que esixen que a descompensación se reduza a un máximo de seis días.