Dez persoas ao banco por vender cocaína e haxíx en Pontevedra, Vigo e Marín
Por Redacción
Diez persoas, cinco delas de nacionalidade colombiana, sentaranse este martes no banco dos acusados da Audiencia Provincial para render contas de delitos contra a saúde pública tras ser detidos no ano 2010 no marco da denominada operación Tubo. O xuizo continurá o xoves.
Os acusados enfróntanse a penas que van dende os tres aos oito anos e medio de prisión en función da súa implicación na rede desarticulada pola Policía Nacional e que abastecía de cocaína e haxix a Pontevedra, Marín e Vigo.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o grupo desarticulouse como froito dun labor investigador levado a cabo polo Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Policía Nacional.
No operativo policial interviñéronse unhas 2.000 doses de cocaína e uns cen gramos de hachix e foron detidos cinco veciños de Marín, catro de Pontevedra e dous de Vigo. Dous dos pontevedreses eran pai e fillo, C.C.R. e R.C.P., de 45 e 25 anos, que supostamente viaxaban ao sur de España para comprar haxix e traelo a Pontevedra.
Ademais, estableceuse que arredor do bar Breca de Marín se vendía ao amiudo cocaína e que entre os detidos cinco (catro de orixe colombiana) proporcionaban a droga e o resto distribuíanas en Pontevedra, Marín e Vigo.