Reunión do Concello de Cotobade coa Anpa San Xuvite
Por Redacción
Cumpridos xa os dous primeiros meses de clases, o alcalde mantivo unha reunión coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Tenorio para valorar as actuacións de mellora que o Concello leva feito para o inicio do curso, e as novas demandas detectadas.
No referente as actividades a Anpa e o Concello traballan coordinadamente na xestión de actividades deportivas como son os equipos de taekwondo e piscina e outras extraescolares, como inglés, en colaboración con outros organismos. E tamén, a valoración do funcionamento do comedor escolar.
En canto as melloras estructurais Cubela salientou a reforma do parque infantil do colexio de Tenorio.
Segundo recordou o alcalde ás Anpas dos centros de ensino de Cotobade viron aumentado a colaboración municipal cun aumento do 60% as cuantías da subvención con respecto ao ano.
Esta reunión enmarcase nunha liña de conversas que o goberno local está a ter coas Anpas dos centros educativos (escola infantil, centros de infantil e primaria e instituto) e cos colectivos veciñais.