Santiago Apóstolo e San Mamede novas vítimas dos cacos
Por Oskar Viéitez
As parroquias de Santiago Apóstolo (Vilagarcía) e San Mamede (Cuntis) foron vítimas dos cacos.
En canto a Santiago Apóstolo de Carril sufriu o roubo na noite do sábado.
Os ladróns leváronse a custodia, de ouro e prata e a porta do sagrario, bañada en ouro.
O roubo foi denunciado a primeira hora da mañá polo sacristán, José Luís Diz, que descubriu o delito tras chegar ao templo como cada mañá e atoparse coa porta aberta.
Non foi o único templo en sufrir este fin de semana a acción dos cacos tamén a igrexa parroquial de San Mamede de Piñeiro, en Cuntis, foi obxecto dun roubo na madrugada do venres ao sábado.
Neste caso o botín non foron obxectos relixiosos senón o diñeiro das colectas, uns 500 euros que estaban gardados na sacristía.
Os amigos do alleo picaron a pedra e forzaron a fechadura da porta lateral de madeira para acceder ao templo. Unha vez dentro revolveron as distintas dependencias pero sen causar danos.