O vicepresidente Rueda e as pequenas cosas
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou o concello pontevedrés de Cambados onde destacou a "importancia das pequenas infraestruturas municipais que contribúan ao benestar dos veciños ".
Rueda foi recibido polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde, quen lle amosou as pequenas obras de acondicionamento da Praza de Arousa, no entorno de Fefiñáns, consistentes na mellora dos seus servizos e pavimentación, así como a instalación dunha rede separativa de augas pluviais e residuais.
O vicepresidente destacou a importancia das axudas económicas destinadas á realización de infraestruturas de uso público nos concellos galegos.
A obra ascendeu a preto de 50.000 euros, dos cales o 70 por cento achegounos a Xunta de Galicia.