Comezan as obras de asfaltado da N-541, ao seu paso por Cutián (San Xurxo de Sacos)
Por Redacción
A demarcación de Estradas do Estado comezou este venres os traballos para mellorar o firme e a sinalización vertical e horizontal nun tramo da N-541. Trátase en concreto dunha actuación na curva de acceso a Cutián, lugar situado na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cotobade).
Estes traballos prodúcense tras unha serie de demandas realizadas tanto dende o goberno municipal como por parte dos veciños da parroquia, debido aos numerosos accidentes que se producían neste tramo da estrada que une Pontevedra con Ourense.
En toda esta zona aplicarase á estrada unha capa de 'slurry' adherente, que mellorará a estabilidade dos vehículos que pasen por alí.
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, espera que esta mellora do firme sexa unha solución aos accidentes de tráfico neste punto da N-541.