A oposición rexeita os presupostos "tramposos" da Xunta por ser "sectarios" con Pontevedra
Por Oskar Viéitez
BNG e PSdeG anuncian senllas emendas á totalidade ás contas da Xunta, entre outros motivos, porque "Pontevedra está desaparecida nos orzamentos".
Este mércores coincidiron dúas roldas de prensa convocadas por ambas as dúas formacións políticas nas que se valorou os Orzamentos da Xunta para 2015 respecto á comarca de Pontevedra.
A deputada do BNG, Montse Prado e a coordinadora comarcal, Anxos Riveiro sinalaron que os orzamentos como "discriminatorios, nefastos e irreflexivos".
Os presupostos son algo máis que números nun papel, responden a un proxecto político e ideolóxico de quen goberna. Neste sentido, os nacionalistas afirman que a posición da Xunta é "sectaria e partidista" respecto ao "modelo referencial de Pontevedra".
Igualmente para as deputadas socialistas, Carmen Gallego e Patricia Vilán, as contas de Feijóo "son mentira", xa que "está cheo de trampas". Lamentaron que os presupostos para 2015 "consoliden ás desigualdades sociais" nun modelo no que Galicia crece menos que España.
Tamén censuraron o cariz "electoralista" que, ao seu xuízo, se reflicte no feito de que a consellería que máis crece nos presupostos sexa a do vicepresidente de Alfonso Rueda.
Ademais PSdeG e BNG mostraron a súa desconformidade coa lei de medidas administrativas e fiscais que acompañará aos presupostos galegos de 2015 e será aprobada polo procedemento de urxencia.