Louro supervisa a reforma da avenida de Lugo
Por Mónica Patxot
O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, realizou este xoves a visita final ás obras da Avenida de Lugo.
Despois da reforma este importante vial remarca o carácter residencial nunha das principais vías de entrada ao centro urbano mantendo o dobre sentido de circulación.
As obras tiveron un orzamento 1.096.902,97 euros e estiveron a cargo de Eiriña Constructora.
Louro, que estivo acompañado de técnicos municipais e da empresa construtora, destacou que trátase dunha das obras de reforma urbana con maior superficie tratada, xa que abrangue 8.197 cadrados a consecuencia da importante anchura da vía, que ronda os 30 metros.
Esta circunstancia permitiu un deseño con dobre carril de circulación en ámbolos dous sentidos e tamén unha importante ampliación das beirarrúas para dar servizo ao tecido comercial e residencial.
A obra renovou todos os servizos de augas pluviais, saneamento, abastecemento de auga e rede contraincendios, así como a dotación do novo sistema de iluminación pública.