Atopan baixo os entullos o cadáver do dono da vivienda que se derrubou en San Xurxo de Sacos
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O derrubamento dunha casa en rehabilitación na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cotobade) cobrouse a vida do seu dono. Trátase de José F., un home de 38 anos, de orixe portugués aínda que residente en Galicia desde hai tiempo. O seu corpo foi rescatado despois de dúas horas atrapado baixo os entullos.
O suceso tivo lugar sobre as 18.20 horas, momento no que diversos particulares deron aviso do acontecido ao 112 Galicia. Advertían do derrubamento dun edificio situado, aproximadamente, no quilómetro 75 da N-541, que une Pontevedra con Ourense.
Por causas que se descoñecen, o inmoble caeu sobre a beirarrúa e a estrada, sepultando tamén dous vehículos que estaban aparcados nas inmediacións.
Ao lugar dos feitos trasladáronse efectivos de Urxencias Médicas, ante a posibilidade de que houbera unha ou dúas persoas feridas baixo os entullos. Finalmente, o único que quedou sepultado pola estrutura da vivenda foi o seu dono, contratista de profesión, que estaba dirixindo os traballos de reconstrución da casa, herencia da súa nai.
Xunto a él estaba traballando outra persona que resultou ferida leve. Ao parecer, fracturou o nocello, se ben puido apartarse o suficiente cando caeu a casa.
Ademais, o 112 mobilizou varias unidades do corpo de Bombeiros de Pontevedra e O Salnés, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico.