Unha ocupación hoteleira do 71% e máis de 10.000 turistas, datos da tempada estival en Poio
Por Redacción
Remata o verán e chega a hora de facer balance. E no caso do Concello de Poio, en materia turística, foi unha boa tempada. Segundo sinalan desde la Concellería de Turismo, desde o 1 de xuño ata o 15 de setembro pasaron polas oficinas municipais de turismo 10.074 persoas. E a ocupación hoteleira nos dous principais meses, xullo e agosto, acadou o 71% de media. Isto demostra, sinalan, que o municipio segue a ser atractivo para os turistas.
Dos visitantes que pasaron por algunha das súas oficinas de información, o 90% son de procedencia nacional e o 10% restante son estranxeiros, co que se ve incrementada a afluencia de turistas internacionais en catro puntos porcentuais respecto ao ano anterior.
De entre os visitantes nacionais destacan os procedentes de Madrid (22,57%), Andalucía (12,60%), Castela león (10,96%) , Cataluña (9,14%) e País Vasco (7,4%). No que respecta aos visitantes internacionais destacan os procedentes de Francia, Reino Unido, Alemania, Bélxica e Rusia.
En canto o perfil do turista que visita o Concello, xeralmente son familias que se aloxan durante cinco ou máis días e viaxan en coche particular (máis do 80%). De entre os motivos para elixir o municipio destacan a singularidade de Combarro, a gastronomía, as praias e a boa situación xeográfica próxima a outros puntos de interese das Rías Baixas.
A pasada fin de semana Poio pechou xa a oficina de Combarro, quedando aberta a oficina de Turismo do Casal de Ferreirós en horario de luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.