Os reis da casa regresan ao colexio
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Había nervios no primeiro día de clase. Especialmente para os máis pequenos que hoxe se estreaban con esta nova etapa, no "cole de maiores".
Seguramente serán estes nervios o motivo de que á maioría non lles custase madrugar.
O máis celebrado foi o reencontro cos amigos despois dun verán que se fixo especialmente longo para os pais.
ÿ un día tamén de estrea: profesores, aula, libros e material, todo é novo. Para os pais, este último aspecto significa un importante gasto que trastorna a economía familiar polo importante desembolso que supón e que algúns non poden asumir.
O ritmo da cidade tamén se resentiu co inicio do curso escolar. O tráfico foi máis intenso e as zonas de estacionamento reservadas no ámbito dos colexios recobraron a actividade perdida o pasado mes de xuño. Recupéranse as rutinas e os horarios propios do curso, os atoamentos na ponte da Barca e os Camiños Escolares.
A apertura oficial do curso contou coa presenza das autoridades municipais, no colexio Manuel Vidal Portela. O alcalde e o concelleiro de Educación deron a benvida aos alumnos e saudaron os profesores, que aproveitaron para reclamar novas demandas para os centros.
En canto aos nenos, todos coincidiron en que o recreo é a súa materia favorita.
NORMALIDADE EN TODOS OS COLEXIOS
A normalidade foi a tónica xeral do comezo das clases nos ciclos de Educación Infantil e Primaria para os 8.153 alumnos que regresaron este mércores ás aulas no concello de Pontevedra. En concreto, foron 2.608 nenos e nenas en Infantil e 5.545 en Primaria. En total, nos 48 municipios da área da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, foi o primeiro día de colexio para 37.295 alumnos.
Tamén comezaron a funcionar os servizos de transporte e os comedores escolares. Este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 14.312 na globalidade da provincia de Pontevedra, das cales 4.159 serían xestionadas por ANPAS ou concellos.
No que atinxe ao transporte, prestarase servizo na provincia aos escolares a través de 1.432 rutas e 792 autobuses.
Relacionadas:
-
Normalidade no inicio do curso en secundaria, bacharelato e FP
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un total de 421 alumnos de infantil e primaria inician este mércores as clases en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A Concellería de Educación concede axudas ás ANPA para a realización de actividades
Por Redacción |
-
Este mércores arranca o curso para os alumnos de infantil, primaria e educación especial
Por Redacción |
-
Rematan as obras municipais nos colexios de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |