A "aula flotante" da Universidade do País Vasco recala en Marín e Sanxenxo
Por Redacción
O buque escola "Saltillo", pertencente á Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Navais da Universidade do País Vasco, atracou este sábado nos peiraos da Escola Naval Militar de Marín, realizando unha breve escala.
Os alumnos, que por primeira vez arribaban a augas galegas, puideron coñecer de primeira man as instalacións militares marinenses.
O "Saltillo", que no seu momento patroneou Don Juan de Borbón, é un velero de época que actualmente pertence á Universidade do País Vasco e é utilizado principalmente para prácticas de navegación.
O buque, cuxo patrón é Mikel Lejarza Bilbao, partiu ao mediodía cara ao porto de Sanxenxo.