14 locais de Raxó compíten polo mellor pincho
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio e a Asociación de Hostalaría propuxeron numerosas iniciativas para atraer o público e animar o movemento económico en Raxó. Entre outras, a segunda edición do concurso de pinchos.
A concelleira de festas, Silvia Díaz, explicou que tras o éxito do concurso organizado o pasado ano animáronse a repetir a experiencia de xeito independente, xa sen formar parte da Feira de artesanía Chalana.
Andrés Ruano, voceiro desta asociación, informou que son 14 establecementos os que participan nesta iniciativa.
Durante esta fin de semana e a próxima, só á hora do vermú (de 12:00 a 14:30 horas), cada local presentará dous pinchos diferentes, un o sábado e outro o domingo. Repetindo a fin de semana seguinte. Entre os que completen toda a ruta sortearanse tres premios: unha cea para dúas persoas no restaurante de Pepe Vieira, un botellón de albariño Magnum e unhas botellas de vermú Nordesia.
O prezo de cada pincho será de 1,5 euros e todos eles estarán elaborados con produtos "da terra".
De novo o afamado veciño de Raxó, o cociñeiro estrela Michelín, Xoan Cannas, será o padriño desta iniciativa na que estará acompañado dos seus compañeiros do Grupo Nove que actuarán como xurado. Aínda que terán que ter en conta a valoración que faga o público participante.
O ano pasado gañou o Ferreti cun pincho de sardiña espetada. Para esta segunda edición existe gran rivalidade e todo indican que o xurado o terá realmente difícil á hora de elixir o gañador.