Moreira ofrece un pacto a Louro para forzar o BNG a licitar un novo contrato do lixo
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular revisará "con lupa" o expediente municipal sobre a concesión dunha nova prórroga de tres anos do contrato entre o Concello de Pontevedra e Ferrovial Servicios (antiga Cespa) para a recollida de lixo e limpeza viaria do municipio. Así o anunciou nunha roda de prensa celebrada este martes, Jacobo Moreira, que afirmou que é "preocupante" que desde o PSdeG-PSOE recoñezan que hai "puntos de oscuridad" nesta decisión.
Moreira asegura que o rexeitamento dos socialistas a esta nova prórroga avala que"no hay nada que demuestre que sea más caro licitar un nuevo contrato", unha afirmación que sostén o BNG, a pesar, sinalou o portavoz popular, de que "no está contrastado con ningún informe técnico". Ademais, culpa de novo aos nacionalistas de "falta de transparencia", o que é "cuanto menos inquietante cuando se trata del contrato más caro del ayuntamiento y que hablamos de una empresa que está siendo investigada en una operación judicial".
Por todo iso, Jacobo Moreira ofreceu ao PSdeG-PSOE "o apoio que lle falta" para forzar ao BNG no Pleno da corporación á convocatoria dun novo concurso. "Si quiere credibilidad tienen que ir más allá de la rueda de prensa", sinalou. "Por nuestra parte tiene todo nuestro apoyo (), pero sabemos que al final siempre baja la cabeza y demuestra una insultante sumisión hacia sus socios de gobierno".
E é que o portavoz do PP en Pontevedra sospeita que esta nova discrepancia no seo do bipartito é tan só "un espectáculo para entreternos y desviar la atención sobre asuntos más importantes". Recordou que este enfrontamento "no es único" e citou casos anteriores como a ponte da Barca, a Brilat, o canon de Sogama ou o PXOM, e en todos eles recordou, o PSOE "calló porque es un partido dócil" e Lores "sigue haciendo lo que le da la gana sin inmutarse".
Tras estas críticas a socialistas e nacionalistas, Jacobo Moreira reiterou que a mellor opción para os intereses de Pontevedra é licitar un novo contrato porque "cualquier ciudadano sabe que las concesiones salen ahora mucho más baratas, es especial por la durísima competencia entre las empresas", como se demostrou, dixo, na licitación das obras do desdobramento da avenida de Vigo "en donde todas las empresas ofertaron hacerlo por menos dinero".
Relacionadas:
-
O PP acusa a Louro de prorrogar irregularmente dous contratos de limpeza
Por Redacción |
-
Novo desencontro no goberno local: O PSdeG-PSOE non apoia a prórroga do contrato de Cespa
Por Alejandro Espiño |
-
Cespa amplía o seu contrato con Pontevedra ata 2017, á espera da pranta de compostaxe
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada