A próxima edición de 'Noites abertas' explotará as redes sociais
Por Redacción
Asociacións e colectivos participantes en Noites Abertas analizan na tarde deste mércores 4 a programación deste programa de ocio deste ano. O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, cualificou de "excelentes" os resultados desta edición.
Entre os datos máis destacables, o concelleiro apuntou que diminuíu o público entre 26 e 30 anos para incrementarse o de franxas de idade de menos de 25 anos. Neste sentido, Demetrio Gómez asegurou que "isto quere dicir que estamos ante unha renovación xeneracional, o que nos ratifica en que Noites Abertas está consolidado como unha forma alternativa de lecer".
Para a próxima edición, o concelleiro indicou que algunhas das escasas melloras que solicitan os participantes se centran en formar os monitores en estratexias para mellorar a comunicación cos grupos; abrir o deseño de imaxe de Noites Abertas para que se poidan achegar propostas e entrar en novas redes sociais.
O obxectivo, neste último caso, será ter presenza en Instagram e en Twitter para fomentar a participación a través de fotografías das actividades. Demetrio Gómez destacou o esforzo realizado polos monitores para usar o galego en todas as propostas.
Relacionadas:
-
Xuventude explica o funcionamento de Noites Abertas a 1.500 estudantes de instituto
Por Redacción |
-
Empezan a xestarse as actividades da nova edición de Noites Abertas
Por Redacción |
-
Un total de 39 actividades de lecer e tempo libre forman parte de Ponteverán 2014
Por Alejandro Espiño |
-
'Noites abertas' despídese da súa XV edición enchendo de festa a praza de Curros Enríquez
Por Diego Torrado |
-
'Overbooking' nas actividades de Noites Abertas 2014
Por Redacción |