Os artilleiros da Brilat rompen os cronómetros e chegan de Tui a Santiago en 22 horas e 20 minutos
Por Natalia Puga
Ás 5.50 horas deste mércores chegaba á praza do Obradoiro o equipo do Grupo de Artillaría da Brilat participante no concurso de patrullas Tui-Santiago de la Brigada de Infantería Ligera 'Galicia VII' da Brigada. Saíra tan só 22 horas e 20 minutos antes do embarcadoiro de Tui, o que significa que percorreron 120 quilómetros, pasaron sete probas e descansaron as dúas horas e 40 minutos obrigatorias da organización con 14 horas de marxe con respecto ás 36 horas marcadas pola organización.
Nas 13 edicións que leva o concurso ningunha patrulla chegara ao Obradoiro en tan pouco tempo, de modo que os artilleiros da Brilat romperon todos os cronómetros e tamén desmontaron todas as previsións dos organizadores. Con eles tamén as cinco seguintes patrullas en chegar á meta e conseguir a 'Compostela' que se leva todo peregrino. Na hora e media posterior, antes das 8.00 horas da mañá chegaron cinco equipos máis.
A orde de chegada das patrullas non se corresponde necesariamente co resultado final da competición, pois á hora de puntuar a proba tamén se teñen en conta outros aspectos como a puntuación das sete probas realizadas ou que cheguen todos os membros do equipo (de feito, dúas baixas xa é motivo de descualificación).
De todos os xeitos, si resulta previsible que os gañadores estean entre eses seis primeiros en chegar a Santiago, dos cales cinco son da Brilat e un da Brigada Paracaidista (os segundos en alcanzar a Catedral). De la Brigada entre estes seis primeiros están o citado Grupo de Artillaría, o Batallón 'San Quintín de Asturias, o Rexemento 'Isabel la Católica' e o Batallón de Zapadores de Pontevedra.
Ao longo da mañá deste mércores está previsto que cheguen á fin do percorrido as 24 patrullas participantes, das que 10 xa chegaran ás 12.00 horas e o resto seguían en camiño. Unha das novidades da edición 2014 do concurso de patrullas é a participación, por primeira vez, dun equipo estranxeiro, do Corpo de Marines de Estados Unidos. Dende a organización destacan o nivel da patrulla, pero o descoñecemento previo da proba puido xogarlles unha mala pasada e deixoulles dúas baixas.
Ao final do día poderá coñecerse a clasificación final.
Relacionadas:
-
Marines estadounidenses adestran en Asturias con militares da Brilat
Por Redacción |
-
De Tui a Santiago a fume de carozo
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
25 patrullas de 15 unidades militares de España e USA percorrerán o Camiño de Santiago
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
22 patrullas militares finalizan con éxito a Tui-Santiago no seu ano con máis participación
Por Redacción |
-
Nin a chuvia os detén: peregrinación militar a todo gas a Santiago
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |